Cartas al director

María Soliña na memoria dun pobo

Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía:/ ai, que soliña quedache, María Soliña./ Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían:/ ai, que soliña quedache, María Soliña./ As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían:/ ai, que soliña quedache, María Soliña./ As gaivotas sobre Cangas soños de medo tecían:/ ai, que soliña quedache, María Soliña./ Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría:/ ai, que soliña quedache, María Soliña” 

(Celso Emilio Ferreiro, “María Soliña).

Unha das poucas figuras que aniñan na memoria popular dun pobo é a de María Soliña na vila de Cangas do Morrazo. Máis, no somentes naquela vila, a historia daquela muller, traspasóu fronteiras, de tal xeito que inspiróu fermosos poemas (Celso Emilio Ferreiro), obra de teatro (Xosé Manuel Pazos), e agora vénse de anunzar a súa historia  nun formato de ópera folk galega, para os vindeiros oito e nove de maio na vila de Cangas, “María Soliña. Opera nun acto”, de Nacho Mañá.

O debandito anunzo fiixome lembar aquela historia dunha muller víctima do Santo Oficio da Inquisición e da rapiña dunhos nobres para desposuila de todos os seus bens. A historia remontase ata a primeira mitade do século XVII. Corsarios turcos-berberiscos asolaban a ría de Vigo. Non pudendo atracar en Vigo, pola forte oposición presentada das forzas viguesas, arrasaron a vila de Cangas, deixando mortos na praia. Unhos dos mortos foron Antonio Soliño e Pedro Barba, irmán e marido, respectivamente, de María Soliño. Aquelo afundiu a María nunha forte depresión. Cada noite percorría a praia esperando que as ondas lle falasen lembrando a os seus seres queridos. Estas visitas a beira do mar foron causa dabondo para acusala de facer bruxería. Foi rea de darlle a súa ialma a Satanás, e de posuir poderes maléficos para orixinar os mais terribles males. Sometida as mais crueles torturas físicas e síquicas, ata confesar ser bruxa dende máis e dúas décadas, chegando a afirmar de ter mantido tratos carnáis con mesmo demonio. Axiña, foi desposuída de todos os seus bens en pro da nobreza e a Igrexa, e condeada a 6 meses a levar, coma dutribio, o hábito de penitente.

Porque esta historia o merece, desexolle ao elenco operístico o maior éxito posible: a Carmen Durán, soprano; Antonio Alonso, baIxo; José Bustamente, tenor; e Christian Gil-Borreli, pola posta en escea. Eu, orfo da musa, eu adicaríalle a María Soliña, aquelas estrofas do poema de Curros Enriquez a Rosalía de Castro: “Do mar pola area/ miréina pasar/ na fronte unha estrela/ no bico un cantar./ E vina tan sola/ na noite sin fín/ ¡que inda recei pola probe da tola/ eu, que non teña que rece por mín”. Ai, María Soliño non quedache  soliña, estás na compaña do imaxinario dun pobo, nas poéticas estrofas, nos libretos dos teatros e das óperas.