Portada

En Allariz, hai cen anos

Cartas al director

En Allariz, hai cen anos

[email protected] alaricanos, sabrosas Xornadas da Carne de Boi! Pedín ó diario La Región que publique esta carta o día 30 de setembro de 2020, porque o día 30 de setembro de 1920 o señor bispo de Ourense bendecía a primeira pedra do que sería o colexio salesiano de Allariz.

Durante cen anos latexaron moitos corazóns salesianos ó ritmo dos corazóns alaricanos. Durante cen anos traballaron moitos brazos salesianos enlazados ós brazos dos alaricanos. Durante cen anos rezaron moitos Fillos de Don Bosco coas pregarias dos fillos de Allariz. Durante cen anos repousou o repouso de moitos salesianos na fermosura de Allariz e no cariño dos alaricanos.

Nun chisco de tempo, un sinxelo opúsculo recollerá algúns pálpitos da simbiose de alaricanos e salesianos durante cen anos. O pasado día 30 de xuño, día no que se oficializaba o peche da comunidade salesiana, escribín, neste mesmo diario, un breve artículo titulado “Allariz, no corazón dos salesianos”. Hoxe, un día símbólico para Allariz e para os salesianos, soamente quero recordar (pasar polo corazón) dous feitos entrañables de Allariz e os salesianos. 

O día dous de xullo de 2001, o entón señor alcalde de Allariz, Paco García Conde, como representante do pobo, bautizaba unha rúa da vila co nome dun salesiano. Na persoa de don Albino agradecía ós salesianos haber promocionado no Concello o ensino reglado, a música selecta, o teatro educativo, o deporte formativo, as convivencias xuvenís, as excursións populares… E os salesianos sentían, entón, o corazón agradecido dos alaricanos; percibían a súa acollida, os seus ánimos, a súa estima…

Poucos anos despois, o entón superior provincial dos salesianos, o alaricano José Rodríguez Pacheco, escribía no prólogo do libro “Semblanza biográfica dos novos beatos salesianos oriundos de Galicia: “Todos, lonxe da terriña, seguironsendofies a súa cultura, ás súas raíces e óseu Deus…”.As flores do ramallete dese libro son: “Sergio Cid Pazos, de Nanín; Gil Rodicio Rodicio, de Requeixo; Antonio Cid Rodríguez, de Casaldoira; Francisco Míguez Fernández, de Corbillón; Manuel Fernández Ferro, de Torneiros; Pío Conde Conde, da Portela e Manuel Borrajo Míguez, de Rodicio.Ese libro foi escrito polo doctor en Historia José Ramón Hernández Figueiredo. Ese ramallete foi presentado en Allariz hai moi poucos anos, e perfumou pobos e rúas da vila. 

[email protected] alaricanos, din que cando se pecha unha porta, ábrese un balcón. Que desde o novo balcón de Allariz asome nova historia e nova vida para Allariz. E que nese balcón ondee sempre o perfume de María Auxiliadora e a fragancia de Don Bosco!

Estado de alarma

El Ejército puede ayudar, junto con la Policía Municipal y Guardia Civil, a vigilar y hacer cumplir las normas de protección contra el virus covid y…
chevron_right