Cartas al director

O culto ó folio

Salvado o Nadal, cumpre voltar a aquilo que fai un ano semellaba imposible e fai uns meses era o pan de cada día. Nembargantes a percepción que tiñamos en maio mudou, e hoxe en día os estudos máis recentes chegan a certas conclusións que poderían extrañar a máis dun.

A primeira de todas, o virus sindicouse; traballar 24/7 é moi cansado polo que decidiu que non ía ter incidencia en superficies comerciais e centrará os seus esforzos noutros sectores coma a hostalería. Tampouco traballa no sector dos deportes, onde, a pesar da alerta máxima poderes reunir, baixo teito, 250 personas e sen el 500. (Mais ou menos coma en Llinars del Vallès pero sen música.)

Outro dos sectores que non se ve afectado é a educación; e aínda así ,depende do campo. Dentro do sector universitario, por exemplo, o virus traballa dentro das aulas, forzando a que as clases durante todo o ano sexan semipresenciais ou incluso 100% non presenciais. Pero co parón de Nadal o covid-19 reuniuse de novo coa familia e actualmente ten un resacón considerable, polo que os exames poderán ser presenciais.

Presenciais si; pero entre a máscara, as temperaturas extremas, as xanelas abertas, as aglomeración nos corredores, etc. vai parecer máis unha proba de “humor amarillo” que un exame. Ante estes acontecementos comezou a rebulir entre os alumnos se os exames poderían facerse online. “Online”: monstro que aparece polas noites e devora os soños do profesorado deixandoos infelices e amargados (seica algún xa era así de antes)

Para contrarrestar ó online, alguns profesores recorren a unha técnica milenaria inventada polos antigos exípcios: o folio. O culto ó folio semella a única alternativa para que os alumnos non copien e, lamento dicir isto pero, a xente copia, e vai seguir copiando por moito que o profesorado poña todo o que ten para impedilo. Copiar está á orde do día e iso non vai cambiar.

Hoxe en día semella que o covid está recuperado da resaca pero o ministro de Universidades segue na cama, emulando o “Laissez faire” de Adam Smith sen facer recomendación algunha. Mentras tanto, as propias universidades ignoran de forma estoica o estudos de alternativas. (Polo menos en Galicia.) A bote pronto ocúrreseme algunha que outra sen ter que facer os exames online; por exemplo a división dos grupos de 90 personas en dúas quendas dentro do mesmo día (aínda que a partires das 18:00 habería que trasladarse a unha superficie comercial ou, inda mellor, a un estadio de fútbol).

Persoalmente, penso que non se pide tanto; sentidiño e medidas que estean acordes co nivel de alarma actual. É mester quitar a venda dos ollos e crear entornos seguros; poñendo a saúde xeral por enriba de todo, tendo en conta que vivimos nunha era tecnolóxica que nos permite ter as comodidades de facer as cousas sen saír de casa.

Algúns copiarán? Leva sendo así toda a vida, non vai cambiar. O que podemos cambiar non son notas, son vidas; e temos que aproveitar que de momento e máis barato unha segunda matrícula que unha vida.

Saúde e terra.