Cartas al director

Virus y cambio climático

O salto de virus dende especies animais ao home non é nada novo, leva ocorrendo fai moito tempo pero é certo que se esta a producir un cambio na frecuencia e aparición destas enfermedades sendo cada vez máis comúns, asi nos últimos dezanove anos temos diagnosticados SARS, gripe aviaria, ébola, zika e covid. Que mudou en poucos anos para que suframos un aumento no número de infeccións víricas que según os expertos vai seguir ocorrendo?

Factores como o cambio climático, destrucción de habitats que fai que as especies emigren a zonas poboadas, tráfico de especies e a contaminación do aire son a causa de novas enfermedades víricas e bacterianas. Poderemos frear esta capacidade de adaptación á nosa especie destes virus( zoonosis) e que nos fagan enfermar?

A resposta a esta pregunta é a contestación a outra formulada por Ruht Reyes nesta sección o dia 21 que di asi: ¿Será el coronavirus el que nos oblige a crear un sistema sostenible basado en la responsabilidad individual, si queremos sobrevivir a esta crisis sanitaria y económica mundial?

A responsabilidade individual é fundamental. Hai accións que se poden evitar fácilmente cambiando a nosa forma de actuar, como son reciclar o que refugamos ou evitar a queima de residuos tóxicos e perigosos. Pero seremos capaces de cambiar a nosa maneira de actuar e ser máis respetuosos co medio no que vivimos?

En canto a responsabilidade individual os datos fálannos de aumento de residuos de máscaras e luvas que non sempre son depositados correctamente no lugar que deberían como atascando sumidoiros.

O papel das Administracións é fundamental , correspóndelles aplicar o Dereito ambiental e se hai termos que non figuran expresamente nas leis ou son ambigüas incúmbelle o seu desenrolo, por iso a importancia dos concellos e as súas ordenanzas e as comunidades autónomas como garantes do desenrolo da legislación bàsica do Estado.

Seguimos avanzando ca lei de cambio climatico y transición ecolóxica.

Quero recalcar o papel fundamental da educación ambiental e das Administracións na loita contra a polución e o control de vertidos, emisións e contaminación acústica e a capacidade das autoridades para facer cumplir as normas.