Portada

Moi cerquiña dos 109 anos

Cartas al director

Moi cerquiña dos 109 anos

Coidamos que, Celsa García Pérez, merece un recordatorio, curto, pois o máis destacado da súa vida, tan longa, sería imposible.

Sobre todo, boa persoa, traballadora, e unha muller do pobo, moi sacrificada e dura.

Dáballe a todo, e tiña moita chispa, nacida en Seoane de Abaixo, viviu case que toda súa vida en Caldesiños.

Ata, casi os ultimos, anos valíase de por si, e vía a televisión, ata o final dos seus moitos invernos.

Vivía coa sua filla Merche, que sempre a atendeu amorosamente; Anita, a outra descendenta, residía en Madrid.

Vai poucos días que descansa no cementerio de Caldesiños.

Como tamén era moi rezadora, segue a pedir por todos. Nós queremos mandarvos unha forte aperta, co sentimento para fillas, xenros, netos e demais familia, extensivo ó Domingo e Carmen, cos que temos moi bo trato, tamén moi boa xente, rexentan o bar Pingallo en Viana.

Celsiña, ós 109 aniños cumpliralos o 4 de marzo e desexámoscho: moi feliz cumpreanos! que será no ceo!

Lembrándote, con ternura.

Veciños do concello de Viana.