Cartas al director

Universo Galicia

Neste universo, a miña galaxia chámase Ourense, composta por fermosas vilas e paisaxes como o espectacular Allariz, ou os festivaleiros Xinzo e Verín. Nesta galaxia temos uns impresionantes cañóns pero que non disparan senón que nos abraian ca súa presencia, decorada co sempre presente río Miño. Ademáis, o planeta capitalino é coñecido coma a Atenas galega onde a arquitectura, regada cuns impresionantes viños e a súa enxebre contorna de pontes, conforman un planeta sempre acolledor.

Así e todo, outras galaxias están preto para disfrutar delas, collemos a nosa nave e voamos hacia aquela coñecida como Lugo, longa e dispar, abrupta grazas os Ancares e o Courel é berce da principal fonte deste universo, sito na Serra de Meira. A súa Mariña, a súas pallozas e a súa muralla dan forma a esta nosa querida galaxia veciña. 

As dúas galaxias (Ourense e Lugo) miran de reollo hacia unha galaxia que sentimos irmá ainda que, polo de agora, aparece como externa ó noso universo, maila que sexa unha máis nos nosos corazóns, o Bierzo: este universo agarda por ti.

De cara ó Atlántico, este universo mira ás súas costas coma quen mira unha obra de arte: as galaxias ca meirande parte de zonas coñecidas en outros universos coma Pontevedra e A Coruña, que están compostas por planetas grandes e cheos de xentes, así como de incribles pezas arquitectónicas como Pontevedra cidade, Santiago, Vigo, A Coruña ou Ferrol, e por planetas máis miudos onde os placeres da vista se misturan cos do paladar alá onde mires, nomeadamente: Betanzos, Rianxo, Pobra do Caramiñal, A Guarda, Cambados, Combarro, etc. Nestas galaxias ademáis existen impresionantes estrelas desas que só temos nós e que só nós, os habitantes deste universo, podemos ver con saudade: rías e penínsulas. Máis, se as estrelas son fermosas, as fugaces sono máis e, claro, tamén temos illas, coma Ons, Cíes, Sálvora ou Lobeira. 

Todas estas estrelas, planetas e galaxias conforman un universo que celebramos o día 25 de xullo e do que sentimos orgullo todo o ano, un universo precioso a conservar. Esto e moito máis forman o noso universo: Galicia. Un ano máis: Parabéns galegos e galegas!