Cartas al director

Agradecemento

Grazas a todo a equipa humana do CHUOU pola súa empatía, e polo apoio, forza, cariño, e sensibilidade coa que sempre trataron a Etelvino, e a miña nai e a min. Temos unha sanidade pública da que temos que sentirnos orgullosos e orgullosas, e o mellor recoñecemento que podemos facerlle e seguir defendéndoa, como sempre fixo él, para que as xeracións presentes e futuras poidamos seguir dispoñendo durante toda a vida (e sobre todo nos momentos máis duros), dunha sanidade pública de todos e todas e para todos e todas.
Grazas a todas as persoas que de maneira particular ou ben a través da súa representación en institucións, plataformas cidadás, partidos políticos, sindicatos, asociacións de empresarios, tecido asociativo... de Ourense, nos transmitiron durante estos días non soamente o pesar polo pasamento de Etelvino, senón tamén todo o seu afecto e ánimo aos seus seres queridos.
Agradecemento tamén a todos os medios de comunicación polo cariño e respecto co que estos días informástedes desta triste nova.