Cartas al director

A Ponte: estación intermodal e Centro de Saúde

O barrio de A Ponte é un importante núcleo de poboación da nosa cidade. O seu centro de saúde carece dun espazo onde poder arrimar o coche para baixar ó paciente, non digamos si usa muletas e precisa cadeira de rodas, para achegarse ó mesmo. Dada a súa ubicación nunha media curva, con semáforos e baranda que impide parar uns minutos... as dificultades aumentan polas obras da Intermodal e as señalizacións de tráfico -entendo que necesarias pola importancia das mesmas- moi agresivas de sentidos únicos, pivotes... É necesario acudir ó parking, esperar recoñecemento de matrícula, alzado da barreira, buscar aparcamento-moi reducido pola obra- mesmo pode estar completo, beirarrúa moi axustada para o paso da cadeira e có agravante de falta de lousas..

Non sei si responsábeis da Saúde, Adif, Estado, Xunta, Concello.... poden facerse a idea da impotencia, enfado e desesperación que se pode chegar a sentir. Por eso solicito un espazo para uso do Centro de Saúde, para deixar a enfermos no mesmo e logo xa se retiraría o vehículo. Sentidiño, por favor. Grazas.