Cartas al director

O confinamento nas rúas ourensás

Existen varias cousas que non se entenden na xestión da pandemia. Algunhas nacen en Madrid, outras en Santiago e algunhas moi preto de aquí, na Praza do Concello. Algunhas son raras, outras son bizarras pero moitas delas resultan esperpénticas como diría o xenio de Vilagarcia de Arousa. Así pois, a nova invención de San Caetano é restrinxir certas actividades en certas rúas de Ourense. O caso é que non se sabe o criterio para a súa restrición pois, a elección desas vías é para moitos de nós, indescifrábel. 

Para a xente que non viva en Ourense, as rúas onde se coartan certas liberdades, son perpendiculares a unha vía que vai dende o progreso ata máis aló do estadio do Couto. Facendo un símil biolóxico, restrinxíronse as costelas mais non o esterno, pois a rúa que as cruza, a rúa Ervedelo, segue completamente ao seu aire.

De onde saen estas ideas? De onde xorden estas marabillosas apreciacións que fan que un bar non poida atender aos seus clientes no interior, mais un que ten a porta a un metro dunha desas rúas si? 

Que nos lo expliquen, a poder ser nun DOG, e a poder ser nun que non sexa domingo.