Cartas al director

Circulación restrinxida

Como veciño da rúa Florentino Cuevillas (de circulación restrinxida a garaxes e carga e descarga), quero manifestar o malestar de moitos veciños que vemos que a diario, sen importar a hora nin o día da semana, multitude de coches circulan por ela sen ser usuarios de garaxes nin para carga e descarga. O incumprimento é tan habitual que se ven vehículos de todo tipo (particulares, taxis, profesionais varios, ...) circulando por ela con tal de non dar un rodeo para incorporarse á Av. da Habana e algúns a unha velocidade que pon en perigo a integridade das persoas. 

Antes do verán, chamei persoalmente á Policía Local para poñer en coñecemento o exposto anteriormente, e a persoa que me colleu o teléfono díxome que xa tomaban medidas, sen embargo, en todo este tempo nunca vin axentes controlando a circulación nesta rúa, polo que os incumpridores campan ás súas anchas. Estaría ben que de vez en cando se controlase a circulación nesa rúa xa que se está a converter nunha rúa de tráfico normal.