Cartas al director

¿Greta Thunberg en Ourense?

Aproveitando a estancia de Greta Tunberg en Madrid con gallo da COP25, vou invitar a moza activista a pasar un fin de semana na miña casa, en pleno casco vello de Ourense.

O obxectivo é que, á vista da reiteradamente contrastada e documentada pasividade das autoridades locais, sexa ela a que lidere un movemento da sociedade civil ourensá en protesta pola contaminación ambiental e acústica da zona, e sen control horario algún; pola escandalosa inacción dos poderes públicos ao respecto e, mesmo tamén, en solidaridade cos veciños residentes que son os que sufren as consecuencias.

A ver se acepta.