Cartas al director

Un cambio imprescindible

O covid-19 está a amosarnos ata que punto a nosa sociedade camiña desnortada: dar moitos recursos a aspectos intranscendentes ou menos importantes e esquecernos do realmente importante: investir en educación, en ciencia, en sanidade. E respectar a Natureza.

Situamos na cúspide da pirámide o avance tecnolóxico, o individual, o progreso económico. Un progreso que esquece a mensaxe dos científicos: a destrución da Natureza conduce ao aumento das pandemias, conduce á destrución de nos mesmos. Non queremos entender que a saúde do planeta e a nosa saúde camiñan paralelas. O clima, xerme da vida, está en perigo, e con el a vida mesma.

A pandemia está a supor un parón da actividade humana. É un momento excelente de reflexión para que todos (cidadáns, políticos, empresarios) nos impoñamos unha seria de cambios urxentes e imprescindibles para o futuro da vida na Terra. Debemos lograr unha economía ecolóxica e o necesario convencemento individual de que non é preciso ter moito se non o necesario. Estamos empeñados en buscar inimigos cando o inimigo somos nos mesmos, as nosas prioridades. Fai falla un novo humanismo, unha nova visión do mundo e do que nos rodea. A pandemia é unha das últimas oportunidades, se non a última, para o futuro do planeta pois co actual sistema de desenrolo económico, o futuro da humanidade está en perigo inminente. Pero o cambio de mentalidade non é doado. Pese aos bos propósitos que temos neste intre, o ser humano é capaz de tropezar moitas veces na mesma pedra.