Cartas al director

Nabody

Nabody. Apenas un sopro de vida. O longo camiño, acompañada pola súa nai e a súa irmán, dende o seu Mali natal, remata  nun hospital de Gran Canaria, pese a todos os esforzos iniciados xa no peirao de Arguineguín. Soños rotos por unha hipotermia que rachou toda esperanza.

Como cidadáns dun planeta chamado Terra, deberíamos sentir remexer o noso corpo e a nosa conciencia ante unhas traxedias  que están a repetirse con moita frecuencia. Os que vivimos nun mundo  máis afortunado, estamos a acostumarnos a noticias como estas sen ruborizarnos. Simplemente se escoitan  lamentos e palabras sobre un necesario plan de inmigración, cooperación cos países de orixe, control de fronteiras…

Solucións reais existen. Só fai falla determinación para tratar de remediar unha situación que debería avergoñar a nosa sociedade.