Cartas al director

Voto ERTA / Voto dende o estranxeiro

n  n  n  Estou residindo de maneira temporal en Reino Unido. 

Como saberán, o día 12 de xullo son as eleccións ao Parlamento de Galicia e gustaríame exercer o meu dereito ao voto. Ao ser residente de maneira temporal correspóndeme o voto Erta e só podo votar se vou de maneira presencial ao consulado.

Como xa saberán, igual que en España temos restrinxidos os movementos polo país, polo tanto non podo desprazarme até o consulado para facer o trámite.

Puxen unha queixa na Secretaría Xeral de Emigración. Contestáronme ao día seguinte cunha chamada de teléfono na que foron moi amables e me dixeron que non tiñan competencias e que falase coa Xunta Electoral.

Chamo a Xunta Electoral e derívanme de novo a Subdelegación do Goberno. Nesta institución, a xefa de Emigración contéstame que eles non teñen competencias, e que si as ten a Secretaría Xeral de Emigración.

Polo tanto, pechouse o círculo, no que todos botaron balóns fóra. E ninguén me resolveu o problema...

Sinto moi pena de que si se flexibilicen a "norma" e as leis para o voto por correo en España. Fálase de que funcionarios de Correos che vaian buscar o voto á casa. De momento, nada oficial, pero vai polo camiño de selo. 

Aos residentes no estranxeiro téñennos esquecidos.