Cartas al director

Un detalle revelador

n n n Trátase dun detalle cativo. Deses que, en principio, poden pasar desapercibidos.  Ou incluso que os propios causantes cheguen a crer que non ten importancia. Hai cafeterías onde a opción de lectura de xornais a elixir é, afortunadamente, moi ampla. Xornais dispostos para todos os clientes, cando algún interpreta que son exclusivamente para el, collendo dos e a veces ata tres ao mesmo tempo. Este detalle pode parecer ridículo. O mesmo que esta misiva. Ou queixa. Agora ben, tamén entendo que pode revelarnos unha idea do tipo de país egoísta, ruín e mesquiño que habitamos.