Cartas al director

O que se está a perder no ensino público

Estamos nun comezo de curso complicado. Todo xira arredor do covid, alumnos que collen en cada aula, distancia entre cada mesa, ventilación... Este é o día a día dun docente ao longo destes primeiros días.

Ao centrarnos en todo isto estamos a perder de vista o realmente importante: o ensino e a educación da nosa xuventude. Fai uns días criticouse moito a posibilidade de que unha persoa, sen o Master en Educación obrigatorio para poder impartir clase, poida ocupar unha plaza docente nun centro de ensino. Todos nos escandalizamos por tal feito. Pero esquecemos a problemática que hai en moitos centros coas materias afíns. En moitos centros as ensinanzas de Lingua ou mates están impartidas por especialistas de Xeografía ou de Música. Ata o punto de que profesorado que non cumple os criterios de titulación está a dar clase no ensino secundario. Poño un exemplo, nun centro de O Carballiño, un Profesor Técnico de FP, da rama de automoción, está a impartir a asignatura de Educación Física en cursos da ESO. Na situación actual e nunha asignatura tan delicada como é esta, un docente que entende de motores e suspensións de coches, vai a dar educación física cando non debe ter nin un chándal no seu armario. Parece que isto non é importante. Solucionemos isto xa e dignifiquemos a profesión docente.