Portada

Hospital Comarcal de Valdeorras

Cartas al director

Hospital Comarcal de Valdeorras

Chámome María del Carmen Álvarez Gómez, vivo en Cova, Trives, e estou de acompañante de un familiar no hospital comarcal de Valdeorras. Non teño moi claro como facerme oír. A falta de persoal e de suministros é moi grave. É a terceira vez que estou aquí dende xuño e paréceme incrible que un lugar destinado a coidar da nosa saúde esté neste estado. O personal é totalmente insuficiente. E os medios de que dispoñen... dan vergonza. Poño reclamacións pero non creo que sexa suficiente. O outro día, tiveron que decirme moi ao seu pesar que tivera coidado de que o paciente co que estou non mollara a cama porque non tiñan repostos. Os pixamas e camisóns brillan por a súa ausencia. Outro día, tiveron que decidir que camas cambiar porque non tiñan para todas. As toallas son escasas. Moitas veces non teñen suficientes para todo o hospital. É unha carencia que levo vendo o longo destos meses e que considero inaceptable. As sábanas que traen hoxe están rotas pero no puideron facer outra cousa. E o persoal é de todo insuficiente. Fan o que poden e en todo este tempo non teño ningunha queixa do trato, pero si se precisarían bastantes máis para que todos os pacientes puideran ter a atención adecuada. Na miña humilde opinión e por o que levo vendo esta tempada, aquí hai o que consideraríamos as "sobras" do CHUO. Ata as camas que pediron as trouxeron de alí e mercaron novas para Ourense. Coa lencería pasa o mesmo. Traen case as "sobras" do hospital de Ourense. Din que o rural é importante, pero teñennos abandoados ata no imprescindible: a saúde. Merecemos máis. Non hai case médicos especialistas. Nin sequera en urxencias teñen os médicos que precisan.