Cartas al director

A los vecinos de Ribadavia

Esta carta vai dirixida a todas as persoas de Ribadavia que estean pendentes da recollida de mobles por parte do Concello. Nós levabamos esperando tres meses, canseime e chamei directamente á Deputación. En menos dunha semana viñéronmos a recoller. Vou contar como fixen por se a alguén lle pode interesar. Chamei ao teléfono da Deputación que vén na súa páxina web, sae unha máquina que di marque o un para tal, o 2 para cal, etc. Eu marquei o 7 e saíume unha persoa moi amable que me pasou co capataz encargado desas cousas e el díxome que o mércores ou xoves pasaban a recollelo, eu chamei un venres. Pois o xoves seguinte, tal e como me prometía o capataz pasaron a recollelo. Espero que esta carta sirva de axuda porque é horrible ter os trastes polo medio durante meses.