Cartas al director

Boa vida

Dichosos os que morreron facendo o que quixeron, ineptos os que viviron asoballados por obrigas que nunca buscaron. Dignos os valientes que souberon mirar cara ao que buscaban, sen deter nin por un intre os seus pasos; covardes os que decidiron relegarse ás expectativas deles mesmos. Eternos os mártires dos seus soños, porque a eles pertencerá todo o que intentaron na vida; fugaces os mortos vivintes que renunciaron ao seu sino, para converterse nunha mala versión de eles mesmos. A día de hoxe, o único que me da medo na vida, é que chegue un día en que ollarme no espello sexa o maior dos castigos. Dáme medo que o meu reflexo só me deixe ver una inepta e covarde morta en vida. 

Que queres ser de maior? Eu quero ser feliz. Quero que cando me pregunten a que me dedico as palabras broten con orgullo da miña gorxa, falando do que me apaixona. E é que, aínda sen saber a dirección cara á que orientarei o meu próximo camiño, sei que o único que busco é sentirme chea. Estamos rodeados de xente con mentes e almas baleiras que nin sequera busca enchelas, e sinceiramente, sinto pena de que a actitude da xente nova se considere a errónea. Acada o que anhela só aquel que está disposto a comerse o mundo se é necesario, e sen embargo, adicámonos a reprimir os nosos instintos, a frear o noso voo ata que xa é imposible remontalo. E, con diferenza o peor, é isto ao que chamamos boa vida, sen decatarnos que o tempo voa.