Cartas al director

A carreira inclusiva da San Martiño

Que o nome está mal posto, si. Esta carreira da San Martiño para persoas de mobilidade reducida e diversidade funcional é máis ben unha carreira exclusiva para eles. Inclusiva sería, como ben di a palabra, incluír a estas persoas nos seus grupos de idade, tan só que adaptando o percorrido, a ruta...

Esta foi unha carreira adaptada ou de diversidade funcional que, ademais, fixemos sen cronómetro (do que disfrutaron o resto) e polo tanto sen clasificación. Ademáis, abríuselle de forma anticipada o paso á xente invadindo a ruta e ás furgonetas que ían quitando as señalizacións, cando nen sequera acabaramos de facer o percorrido. Isto ocorrería na absoluta ou nalgunha das outras? Igual non. Xa non imos falar da hora... os últimos, ás 13,40 horas, hora de medicacións, comidas... complícase a asistencia deste colectivo.

Queda moito por camiñar para a inclusión, pero de momento imos darlles visibilidade e voz a estas persoas que o merecen todo, especialmente ós marabillosos usuarios de Axón que o fixeron xenial e que nos deixaron cun gran sabor de boca.