Cartas al director

Festas patronais da virxe da Asunción e do glorioso San Roque

Virxe da Asunción

Branca coma un serafín

Dígoche este adiós chorando

Dende a beiriña do mar

E pide sempre te sigamos invocando”

España arde en festas en verán. Todo o ano hai celebracións por variados motivos, relixiosos, lúdicos, culturais, gastronómicos, etc.

Viana non ía ser menos, pero de todos os vianeses. Están as do 15 de agosto, Nosa Señora da ASUNCIÓN, o 15 que se alarga ata o fin de semana. Empeza o 13, día da feira, e a continuación de coros e danzas, de países mundiales, verbena. O día 14, festa, e o 15 gran función relixiosa, PROCESIÓN, palio portado por persoas da vila. Ben axeitados, como debe ser, e tras el, autoridades dos distintos grupos, co sr. alcalde no centro. Sempre o lembro. Normal, pois sexas da cor que sexas, cando ocupas un posto debes saber as obrigas, ainda que non che guste. Non se poden romper as reglas e as costumes.

Estandartes, nenos da Primeira Comunión ofrecidos, ringleiras de asistentes, banda de rapaces, dos do Alberto (EPD). Agora non sei pois hai anos que non asisto, foi faltando a familia, amigos… e xa non che chama tanto.

Lémbroas sempre na ialma. Aquelas festas… éramos todos uns… As serenatas, os contos, a colocación das bandeiriñas.

Pero o que me chama moitísimo a atención, que sempre me mandan toda a propaganda e nos carteis non constan os actos relixiosos. Pero, señores do Concello, sodes todos iguais? Pasades por todo? Así nos luce o pelo! a nivel vecinal, nacional e mundial.

Para subirse os soldos andades máis listos, non quero mandarvos a onde merecedes.

Que os vianeses teñades unas boas festas, e lembrades aquelas, xa lonxanas, tan fermosas, divertidas… éramos todas un, ¡que tristura!.

Virxe da Asunción, e San Roquiño milagreiro e querido, pedide por todos, amén.

San Roquiño bendito

E o seu canciño “Melampo”

Mirade pola xentiña