Cartas al director

Non haberá cuarta onda, como moito, unha “ondiña”

Con estas palabras, o dr. Simón contestou á pregunta dos xornalistas non fai nin un mes, e tema resolto. Outra das declaracións dignas de lembrar é está do ano pasado, o día 31 de xaneiro: España vai ter como moito algún diagnosticado de covid.

O actual coordinador de Emerxencias de Sanidade tería que ser un pouco máis preciso e cauto nas súas declaracións e nestes momentos nos que a desesperación e o medo pálpase nas rúas e os fogares de todos.

O máis grave é ver a toda a clase política usar a pandemia como arma para lograr os seus obxectivos. É obvio que non se decatan do que está a sufrir o pobo; de non ser así, isto non sucedería. Só pensan neles e achéganse ao pobo cando hai eleccións para pedirnos o voto, prometendo cousas que eles mesmos saben que nunca poderán cumprir, pero dálles igual. Cando están en campaña parecen vendedores de feira e sempre con todo de saldo: bo, bonito e barato, oia vostede!

O único que teñen de bo as eleccións é que polo menos arranxan algunha que outra cousa polos pobos, é unha pena que sexan cada catro anos, tería que haber eleccións tódolos anos, desa forma polo menos as estradas dos barrios e pequenos municipios non estarían tan cheas de fochancas.