Políticos, pactos e promesas

Políticos, pactos e promesas

Durante a campaña electoral vimos de todo, e é que en máis dunha ocasión, escoitar falar á maioría,  por non dicir a todos/as, facíame pensar que a partir do día 15 de xuño íamos estar no paraíso. O certo é que "pasou o día e pasou a romaría ” (como di o refrán). Chamoume moito a atención, sobre todo, como os líderes dos catro principais partidos cambian de opinión, un día din unha cousa, ao seguinte outra completamente distinta. Vanse adaptando segundo os seus intereses e nunca pensando no pobo ao que representan.

E o peor é que a esquerda está cada día máis fragmentada, é que non aprenden; mentres a dereita “son tres nun”, non hai máis que ver como pactan nas grandes capitais, e onde suman, a pesar do teatro que montan, ao final póñense de acordo en todo.

Non podo esquecerme de Podemos, agora Unidas Podemos, aínda que eu penso que máis ben é Puidemos ou Unidas Puidemos. Chamoume moito a atención a autocrítica que fixo Pablo Iglesias, e é que o ego que ten confúndeo: dicir que claro, chego a un lugar e teño que preguntar "compañeiros, aquí como nos chamamos" dáme a risa. Xa non lembra que foi el quen non quixo que todos levasen a marca “Podemos". Total de autocrítica cero da cúpula e dos fundadores, cantos quedan do trompazo que levou e que xa predixen, hai cousa dun mes, noutro artigo, antes das eleccións?. O mesmo pasoulle a Pablo Casado, outro trompazo; e é que este home é só un zombi. Aínda non se decatou de que a súa carreira política esta acabada, os seus constantes cambios de estratexia durante a campaña electoral e da noite para a mañá, a diferenza das eleccións xerais, tivo que pactar de novo coa “ultradereita” a que empezou criticando nesta ocasión, mentres Albert Rivera, por moito que tente vender a moto de que Cidadáns non pacta con Vox e que, bla bla bla. Agora por fin moita xente que aínda pensaba que este partido era a rexeneración xa se deron conta de que non hai diferenza algunha entre eles. 

O máis preocupante é que Pedro Sánchez non logre formar goberno, aínda que unha cousa está clara: se hai novas eleccións, moitos poden arrepentirse no caso de que houbese un goberno de dereitas, sobre todo os partidos independentistas cataláns, xa que aplicar "o 155" segue, é o soño da dereita e está entre as súas promesas electorais. E hai casos nos que as negociacións para os pactos de investidura, no canto de asistir os cabezas de listas dos partidos ou portavoces, asisten directamente coordinadores/as dos comités executivos dos partidos, deixando á marxe aos/as que presentáronse ás eleccións. É unha forma máis de dicir que, non son os/as persoas que votamos, os/as que deciden, séguennos tomando o pelo.

Por Agustín Perianes Rodríguez (Os Pardieiros-Pereiro de Aguiar) el
23/07/2019 20:10 h.