Cartas al director

O presidente de Extremadura debería dimitir

Pero como pode seguir no seu posto este home despois das afirmacións que fixo sobre as vacinas?

Así estamos en España: a clase política que foi elixida vive nun mundo paralelo. Resulta que cando os pillan nun renuncio, nin tan sequera saben explicar o motivo dese fallo, e por exemplo dicir un mea culpa e non pasa nada, todos cometemos erros. Pero non, lonxe de facelo, menten. Nos toman por parvos. Cando escoitei dicir ao señor Vara que a lentitude do ritmo que levaba a vacinación durante os primeiros 15 días non era por falta de organización ou por unha mala planificación en Extremadura, lonxe de admitilo, sae pola tanxente dicindo unha barrabasada como que foi por precaución para ver se había efectos secundarios na mesma.

Isto é inadmisible e dá igual quen o faga, xa que se supón que a vacina pasou por unha serie de probas que foron revisadas por científicos/as de todo o mundo, á parte de varias fases en animais, laboratorios e unha infinidade de probas antes de ser aplicada aos seres humanos.

Remato cunha frase adicada a tódolos partidos que forman a oposición e mesmo cos que supostamente gobernan: deixen por unha vez de ver só por vostedes, pensen no pobo, polo menos mentres dure esta pandemia. Moitas grazas.