Cartas al director

Segue o show no Congreso

É triste ver o que xa é algo normal para os que nestes momentos represéntannos, a todos, mesmo aos que non votaran, por que xa non cren neste sistema ou por outros motivos.

O que sucedeu co voto de Unidas Podemos ao absterse e non votar co seu actual socio de goberno na Lei de Igualdade de Trato (máis coñecida como a lei Zerolo) foi todo un espectáculo o sucedido, e máis cando se soubo que mesmo falaron con outros grupos para que votasen en contra. Todo isto ven porque o Goberno aparcou a lei que a señora Montero tiña previsto aprobar, a “lei trans”, que era unha chapuza, non hai máis que ver a que se liou nas redes sociais coa mesma.

O principal é que apenas establece restricións e dispón que calquera español maior de 16 anos e con capacidade suficiente poderá solicitar a rectificación da mención do seu sexo no Rexistro Civil sen máis requisitos que unha declaración expresa. En Europa isto non sucede, e por iso o PSOE aparcou a mesma para corrixila; pero claro, quen lle di iso á señora Irene Montero. Así está Podemos, lémbrame aquel famoso refrán que tan famoso se fixo sobre os Reis Católicos: “Tanto monta e monta tanto Isabel como Fernando ”, sobran as palabras.