Cartas al director

As vacacións das súas señorías

Unha mostra máis da calidade política que temos en España: dende o meu punto de vista é unha vergoña que, coa cantidade de rebrotes que temos, por non dicir a segunda onda do coronovirus en toda regra, os nosos políticos nin sequera aprazasen as súas vacacións. Si  o fixeron moitos cidadáns por medo á pandemia e iso cónstame, porque coñezo a moita xente que este ano non veu a Galicia. O virus non se vai de vacacións, pero as súas señorías si, en pleno mes de agosto como é costume, faltaría máis.

Co soldo que teñen poden elixir un lugar seguro e seguir dándose a gran vida, mentres o pobo que os puxo aí  leva como pode a vida día a día. Por non falar da xente que non chega nin a fin mes, nin da que vai caer en setembro cando regresen de vacacións os políticos, que son os que terían que dar exemplo. En fin, dicía un profesor que tiven: "Cada pobo ten o que se merece".

Vou rematar este artigo cunha pequena reflexión, como cantaba “Paco Ibáñez”, no meu pobo sempre tensión teño mala reputación, chegou aos meus oídos que en Cangas hai xente sinalada, que segundo din son todos aqueles que falan e din a verdade, ao criticar o deixamento por parte do Sr Alcalde, e, iso é algo moi preocupante, para ben ou para mal, a liberdade de expresión é un dereito de todos, só faltaría.

Cangas "Quen che viu e quen che ve " se isto sucedese gobernado o Psoe ou o PP, xa estaría a xente na rúa, iso si mobilizada polos sindicatos, pero claro ao estar os partidos dos mesmos como concelleiros/ as,  non pasa nada ; é fácil votar a favor do actual Alcalde e logo pasarse á oposición, así estamos, cun Goberno con 8 Concelleiros/as, e 13 na oposición, isto é responsabilidade?

Do que sementas recolles, tomen nota, e isto dio un votante de esquerdas de toda a vida.