Cartas al director

Unidas Podemos, máis casta?

Aínda lembro frases como “o ceo tómase por asalto” ou “cidadán Borbón”, e cando vin a Pablo Iglesias e a Alberto Garzón tomando posesión dos seus cargos na Moncloa, deime conta de que son máis do mesmo, é dicir nada novo. Para ben ou para mal seguimos igual, salvo que agora cun PP descarrilado pola falta de liderado que pode caer en picado. 

É un verdadeiro problema que a extrema dereita poida consolidarse en España dunha forma máis que preocupante. Coñezo a moitos votantes do PSOE que non están contentos cos pactos de Sánchez, e a maioría sobre todo manifesta o mesmo: este goberno bailará ao ritmo que marque ERC, e iso pode ser moi perigoso. O mesmo Rufián manifestou que non sería a primeira vez que facemos caer un goberno, e é certo; e despois de escoitar as manifestacións de Dolors Bassa durante o debate de investidura (“impórtame un comino a gobernabilidade de España”), creo que a cousa está moi clara: Sánchez terá que fiar fino, de non ser así este goberno de coalición pode acabar nunha auténtica catástofre e á maioría da xente si que nos importa máis cun comiño o que poida pasar neste país onde vivimos, sexamos, galego/as, vascos/as, madrileños/as, etc, etc.