Cartas al director

Anarquía e orde

En Chicago, 1886, nunha das cidades máis industrializadas do mundo. Os obreiros traballaban 16 horas por día e vivían, nunha completa miseria, mentres a elite gozaba do luxo e das innovacións da modernidade. Tal situación fixo estalar unha revolta entre os traballadores, especialmente os anarquistas, que fundaban periódicos e sindicatos e traballaban pola educación do pobo. Estes rexeitaban a idea de goberno, crendo que o fin do sistema de explotación capitalista viría soamente a través do esforzo do propio traballador en organizarse. 

O día Primeiro de Maio, os anarquistas lanzaron unha campaña pola xornada de 8 horas de traballo, a cal foi amplamente acollida polos operarios .O cuarto día da folga xeral, traballadores de Chicago, reuníanse co fin de protestar contra as represión, en resposta a folga. Cando a protesta estaba preto do fin, a policía invadiu violentamente a manifestación. No medio ao conflito, unha bomba explotou, matando policías e traballadores. Aproveitándose da situación o Estado acusou ós anarquistas que lideraban no comicio de conspirar e explotar aquela bomba. Mesmo sen nada probar, o Estado aforcou a, Parsons, Fischer, Spies e Engel. Rexeitándose a entregar o seu corpo ao Estado, Lingg protestou cometendo suicidio na prisión. Neebe, Fielden e Schwab permaneceron presos, ata que anos despois foron liberados, ocasión en que o goberno admitiu ser aquel o maior erro xurídico da historia . Logo dos acontecementos de Chicago, a idea de folga xeral pola conquista das 8 horas diarias de traballo, espallouse por todo o mundo. 

O Primeiro de Maio tomouse como data de protesta e loito contra a explotación dos traballadores/as, os anarquistas aforcados, quedaron coñecidos como "Os Mártires de Chicago", facéndose o símbolo, da loita contra a violencia, do estado e das élites.