Cartas al director

Que corra o aire na hostalería

Se corre o aire non hai necesidade de pechar, polo menos as terrazas de todos aqueles establecementos que as teñan. É máis, cada concello debería buscar a forma de ampliar as mesmas, dando facilidades aos que conten con elas.

Coido que a forma en que o Goberno está a xestionar este tema tan delicado e que tanto nos afecta é realmente mala. Como ben dixeron moitos científicos e especialistas na materia, o delegar en cada autonomía a xestión da pandemia provoca caos. 

Mentres unhas confinan por uns días, outras non o fan ou só pechan a hostalería, co que non solucionan nada. O toque de queda funciona a condición de que non haxa desenfreos durante o mesmo. Pero claro, ao estar todo pechado, a xente organízase moito antes e aí están os resultados. Segue a festa.

Ou o Goberno toma as rendas e pon un comité de expertos independente que xestione a pandemia, ou isto será un desastre aínda maior do que xa se agarda para este país; máis paro e máis xente que non terá nin para comer. Póñanse as pilas dunha vez. Tomen exemplo de Alemaña ou Portugal antes de que sexa demasiado tarde. Deixen de facer política coa vida do pobo.