Portada

Extremistas? Non grazas

Cartas al director

Extremistas? Non grazas

Últimamente están a aparecer os militantes de partidos extremistas, tanto de esquerdas como de dereitas. Ata non hai moitos anos, só saían á luz en grupos polas rúas, prazas, mitins, etc., o típico, pero claro, iso era hai anos; agora, coas redes sociais resulta que os donos da “verdade absoluta” abundan, non lembran que a súa liberdade remata onde empeza a dos demais e viceversa.

É algo que só respecta por desgraza a xente que viviu e loitou para conseguir o que agora temos, unha “monarcracia”. Como é normal, sempre queremos máis e por iso temos que loitar, desde logo sementando odio nunca se conseguirá.

Por exemplo, aqueles que seguen lamentándose de que en Galicia siga gobernado o PP, terían que pensar que é o que falla, por que a xente votou a Feijóo e aínda encima sacou un deputado máis.

Iso é o que deben meditar os que sobreviviron e aínda seguen no Parlamento galego (BNG & PSdeG), do mesmo xeito que os militantes e simpatizantes destes partidos, e procurar buscar a forma de transmitir mensaxes claras e concisas, non tentar impoñer nada a ninguén, xa que máis dunha vez podes conseguir o contrario do que pretendes.