Cartas al director

Nadal ou saúde, señorías?

Xa temos máis de 61 millóns de contaxiados polo coronavirus no mundo, o 27 de novembro morreron polo mesmo motivo máis de 1.400.000 persoas no mundo.

E aquí os nosos políticos están preocupados por cantas persoas van poder sentar xuntas na mesa en Nadal... isto é de tolos .

Coa pandemia descontrolada a nivel mundial, que nin os mesmos expertos na materia son capaces de facer un prognóstico sobre o que pode suceder, só hipótese e máis hipótese. Ah! e a solución está nas famosas vacinas que algúns querían obrigar a poñer e outros aconsellan dunha forma un tanto sospeitosa.

A saúde debe primar por encima dos intereses dos políticos sobre todo, xa que seguen facendo política de esta desgraza que arrasa o mundo; e o peor é que lles dá igual, como cantaba o Carlos Puebla en "Percapita": os pobres siguen tan pobres que non poden selo máis.