Cartas al director

Nissan vaise e arde Catalunya

O peche das plantas de Zona Franca, Montcada i Reixac e Sant Andreu da Barca (Barcelona) despedirá a unhas 3.000 persoas; aínda que, inderectamente afectará a case 25.000 familias. Como é normal, a xente está na rúa tentando defender os seus postos de traballo, a pesar de que a decisión da multinacional nipona parece irreversible.

Hai que lembrar que Qim Torra subiu o soldo o pasado día 22 de maio, en plena pandemia, a 191 altos cargos da Generalitat. Mentres, o director da Axencia Catalá de Turismo manifestou que “España é unha ditadura opresora”. Tódolos grupos da oposición criticaron esta declaración. O certo é que os políticos seguen vivendo a corpo de rei, e esta pandemia traerá máis miseria para todos, os de “sempre” claro. E o da Nissan é só o principio, xa que o sector automobilístico segue estancado.

É obvio que estamos ante a maior recesión deste século e Europa non regala nada. Avecíñanse malos tempos para todos, agás para a clase política que seguirá vivindo coma se non pasase nada, xa o di o refrán: “cría corvos e comeranche os ollos”.

Con todo, no parlamento español segue o “e ti máis”, dando un lamentable espectáculo os nosos representantes no mesmo, no canto de tentar solucionar os problemas, cada un vai ao seu e aumenta a crispación cada día máis; isto parece non ter fin, ás súas señorías só lles importa cobrar a fin de mes e seguir chupando do bote, esa é a impresión que dan; e é que non se poñen de acordo en nada, nunca vin unha cousa igual, danme náuseas.

Así está isto e oxalá me equivoque. Só son un do montón, máis coido que o primeiro que teñen que facer os políticos é suspender pagas vitalicias, entre outros moitos privilexios.