Cartas al director

As roldas de prensa de Fernando Simón confúndenme

E é que cada día que sae a falar sobre o tema do coronavirus e a evolución do mesmo, as cousas que di son un tanto ambiguas. 

Explícome: sempre tenta sacar a parte positiva deste tema que tanto nos preocupa a todos, que se estamos a alcanzar o pico da xa “famosa curva”; que a pesar de que cada día hai máis mortos e máis contaxiados, estamos a piques de estabilizar a curva e alcanzar o pico da mesma... En resumo, e con todos os meus respectos, lémbrame a Groucho Marx: “Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros”. E é que non se pode xustificar o inxustificable. 

Agora os datos que imos dar, dixo, poden non ser certos xa que en Madrid non imos contabilizar ás persoas que sexan sospeitosas que presenten síntomas leves, só faránselle test ás máis graves. Eu pediríalles que nos dea datos reais e un pouco máis concisos, para de verdade estar un pouco máis informados do que está a pasar. E menos mal que xa cambiou a chaqueta, o día 27, na rolda de prensa, sacou a famosa chaqueta grisque levou sempre posta dende o primeiro día que saíu a dar información sobre este tema que ten ao mundo en “xaque”.