Cartas al director

Boas festas e parabéns! Albarellos de Monterrei

Xa pasaron 25 anos desde aquela tarde, sábado 20 de xuño de 1994. Un día histórico para lembrar nas nosas vidas, e moitos recordos e anécdotas para non esquecerse, e agradecer a boa acollida que tivemos desde o concello de Monterrei, sendo alcalde José Luis Suárez Conde, e Paulino, secretario do Concello. Así como tamén dar as gracias os pobos da contorna, comarca do Val, a xente de Verín e doutras zonas que nos visitaron nestes 25 anos. Moitas gracias a todos e todas por acollernos tan ben.

Xunto ca nosa familia estiveron compañeiros e compañeiras de traballo, moitos amigos e amigas de toda Galicia que nos acompañaron disfrutrando dunha xornada inesquecible na que estivo presente o Pucho de Xinzo co seu rico polvo, e tamén houbo moita música e algarabía.

De agora en adiante, desexamos seguir en Albarellos de Monterrei por moitos anos máis, celebrando o día a día con saúde e traballo, xunto cos compañeiros e compañeiras que nos axudan a levar a xornada laboral de maneira agradable e con boa sintonía entre nós.

Fai poucos días celebramos unha cea de confraternidade en Verín, na que houbo: amizade, humor, compañerismo…quedando emplazados para seguir festexando de ano en ano, e en armonía, esta xuntanza. Para finaliza, desexar a xente de Albarellos de Monterrei, Felices Festas do Santiago Apóstol, para todos os vecinos e visitantes. Desde Las 3BBB de Monterrei. Parabéns!

Unha aperta