Cartas al director

Dende Xinzo, "Amizade con xuntanza en Viladerrei"

Pasado San Fermín, xuntáronse cinco amigos para xantar, botando en falta ó amigo que non puido vir dende as Rías Baixas para completar o noso grupo de sempre, na casa dun gran amigo en Viladerrei.

Coñecémonos dende a nosa infancia e xuventude, comezando no colexio de Santa Mariña de Xinzo de Limia, para logo xogar ó fútbol nos xuveniles do Antela F.C. dende 1972, e tamén en categoría de afeccionados federados dende 1971. O vindeiro ano celebraremos, Deus mediante, o 50º aniversario do Antela F.C. “Chapeu”.

Entre todos nós hai unha gran amizade e respecto mutuo, extensivo a nosas donas, habituales tamén nas nosas festas gastronómicas, que nos permiten manteñer estes momentos e desfrutar da vida, con cousas sinxelas durante as distintas datas do calendario, sen esquecernos do noso histórico Entroido.

Conversamos de todo o que acontece no mundo e das nosas vivencias, sen esquecer as risas, contos e cancións. Festexamos, sobre todo, que as nosas familias e amigos están ben, para seguir cumplindo anos, xa que todos estamos na década dos 60 para arriba. Que de hoxe nun ano.

Este xantar, que xa ven sendo algo tradicional no verán de cada ano en lugares diferentes da nosa terra galega, tivo un menú especial para este día. Estivo preparado, como sempre con sabor e boa cociña, polo noso “Masterchef” internacional. Moitos parabéns para el en nome de todos nós, polo exquisito que estaba todo o que degustamos, inclusive os postres e viños, nun comedor entrañabel.

Na sobremesa brindamos pola saúde e amizade, desexando que logo poidamos volver a xuntarnos para xogar o fútbol no novo campiño da “Moreiriña” e de paso merendar todos xuntos con ledicia e boa sintonía.

Para rematar a tarde, cantamos unhas cancións moi populares do noso país, que nos deixaron moi contentos a todos  para voltar a capital da Limia. Xa de novo en Xinzo despedímonos cantando: E viva Xinzo, viva a laguna e  viva o Antela F.C.

Amigos para sempre, dende a Moreira.