Cartas al director

De Xinzo a New York... gracias España

scribo esta carta para decir que é de ben nacidos ser agradecidos, e que só se vive unha vez, canción e realidade da vida, na que seguimos virando.

Eu nacín en Xinzo de Limia no mes de xuño de 1956. A miña infancia e xuventude foi fermosa e natural para aqueles anos nos que nos gustaba casi todo, xa que non había moito para escoller. Disfrutábamos con cousas sinxelas que hoxe non valoramos e nos facían moi felices, añorando festas, fútbol, caballitos, tómbolas.

Había moita ilusión e celebrábamos as festas con moita ledicia e imaxinación. Foron tempos para lembrar e reflexionar que a vida é unha ruleta, polo que temos que dar gracias por vivir nun mundo moito mellor en moitas cousas, aínda que peor en outras: contaminación, cambio climático, miseria, fame, catástrofes.

No percorrido da miña vida e o da miña familia, teño que dar gracias a deus por seguir vivindo día a día con saúde, ledicia, desencantos… e poder traballar todos os días como nos ensinaron os nosos pais desde nenos. Moitos bicos e abrazos a papá e mamá (QEPD).

Xa fai tempo un grupo de amigos de Galicia viaxamos a EEUU, considerado o país máis rico do mundo, e dende onde se arranxa e desarranxa, o seu antollo, a economía mundial. Durante dez días percorremos e coñecemos un pouquiño de New York, Philadelphia, Washington e o Niagara,  un país inmenso e con vidas e costumes moi diferentes as nosas. Motos ricos e moitos pobres (fame e miseria extrema para moita xente), e no que a saúde, se non tes diñeiro estás perdido e abandonado para morrer.

A nosa Galicia, e o noso país España, son do mellor que hai no mundo e a nosa sanidade é exemplar e referente universal, aínda que non sexa sempre como nos gustaría. Parabéns ós médicos/as, enfermeiros/as, persoal sanitario…atenden os pobres igual que os ricos.

Para rematar decir: gracias España. As comparacións son odiosas e nós sentímonos orgullosos de ser de Xinzo (Ourense), e presumimos de iso aínda que sexa no mesmo Nueva York.

Unha aperta.