O prexuízo progresista

O prexuízo progresista

Albert Einstein afirmou que é máis doado desintegrar un átomo que un prexuízo. Por iso non debemos crer que os prexuízos son cousa do pasado; antes ao contrario, cada época (tamén a actual) xera, difunde e inculca os seus propios prexuízos. E o que predomina nos nosos días é o prexuízo progresista.

O prexuízo progresista consiste en considerar ás mulleres, negros, obreiros, pobres, inmigrantes, nenos, etcétera; é dicir, aos débiles (?), marxinados e discriminados, polo mero feito de selo, mellores persoas, e máis honestas, que calquera outras que non pertenzan a ningún destes grupos sociais. Como se non houbera nenos, inmigrantes, pobres, obreiros, negros e mulleres maltratadores, maldicentes, chivatos, traidores, asasinos, envexosos, hipócritas, ladróns, abusóns..., con quen son máis débiles, marxinados ou discriminados que eles.

O filósofo francés Emil Cioran expresouno diste xeito: “Baixo calquera circunstancia debe un poñerse do lado dos oprimidos, incluso cando van errados, pero sen perder de vista que están amasados co mesmo barro que os seus opresores”.