Cartas al director

Canto peor, mellor

Este triste epitafio expresado por Mariano Rajoi é moi semelante ao utilizado polos señores Casado e Rivera. Os actuáis líderes de PP e Cidadáns aínda non encaixaron a moción de censura que deu o traste con Rajoi. 

Empecínanse en decir que o que houbo foi "un golpe de Estado", deste xeito ignoran que aqueles que a levaron a cabo foron elexidos legalmente polos seus votantes e fano por medio dunha penosa actuación demagóxica, que pode transformarse nun perigoso boomerang, que cecáis pode arrastralos a un partido testimonial. 

Recordemos as recentes declaracións do señor Rajoi, Soraya de Santamaría e o señor Zoilo no xuizo do "procés" o descoñecer quen había dado a orden de actuación ás forzas da policía o 1 de outubro en Cataluña, emulando a Pilatos no lavatorio das mans. É o mesmo PP que en Adalucía somente pactou con Cidadáns e non con Vox, a pesares de gobernar gracias a eles.
A min gústame a política, pero non me gusta a súa de facelo pola grande "carencia de ética", e é esta a que obriga a pactar con calquera ideoloxxía que supoña un beneficio para todolos  cidadáns, especialmente os mais necesitados.
Son estes os hooligans que pensan que o fin xustifica os medios?

Que credibilidade poden telos políticos que insultan grave e intolerablemente as persoas ou o actual presidente do Goberno, elexido democráticamente?
Saben que mentir a sabiendas e unha forma de prevaricación da verdade e que estanse retratando a eles mesmos?
O PP ataca a todo o que se move, sexa de Cidadáns, Vox, Independentistas ou non. 

Cidadáns négase a pactar co PSOE. As primarias no partido laranxa son un auténtico "pucherazo" en canto á relación de votos e votantes.
Os fichaxes dos partidos de persoas non afines a política ou mesmo de militares na reserva ou non, ten que levarse a cabo con cautela ou prudencia. 
Caseque todos en contra do PSOE, o que me parece un gran erro, algo terá non so nas propostas, presupostos fallidos, senón tamen na persoa do seu presidente que tivo a decencia e valentía de abandoar o Parlamento e gañar as primarias no seu partido, a pesares dos seus compañeiros e das opinións dalgúns dos seus vellos dirixentes.

Teño a seguridade que a cordura e o xuizo dos españois pondrá a cada quen no lugar que lle corresponde.