Cartas al director

Pasamento da morte da miña nai

Transcorría o 28 de febreiro do 1951 cando falecía a persoa que me trouxo a este mundo e que foi soterrada o día 29 por ser ano bisiesto.

A miña vida desenvolveuse na rúa do Xeneral Franco en compaña dos meus tíos e da miña avoa Manuela, ata que se produciu a súa morte en abril do 1954. 

Estes anos coincidiron cos estudos do bacharelato nos Salesianos no ano 1951. Con ela os domingos facíamos o mesmo recorrido, íamos primeiramente a visitar o San Antonio na Catedral, lobosubíamos o cemiterio a visitar a miña nai, dende alí pola estación de San Cosme íamos xuntos a estar un rato coa tía Delfina, irmá da miña avoa. Continuabamos a ver o meu tío Paco, que estaba na farmacia na Ponte. 

Íamos pola Ponte Vella e á altura da igrexa dos Remedios había unha casa ocupada por unha señora que dicían que era “bruxa”, que era cando a miña avoa dicíame: “Pon a figa neno, pon a figa”, e eu obedecía. Dende esa data a miña vida transcurríu doutro xeito moi distinto, polo que hoxe para ambalas dúas adico o meu cariñoso recordo.