UNIVERSITAS

12 actividades coas que espallar a perspectiva de xénero nos campus

A Unidade de Igualdade aprobou 18.000 euros para a organización de actividades docentes de promoción da perspectiva de xénero na Universidade de Vigo.

Loita contra a trata, prevención de acoso sexual, maternidade... A Unidade de Igualdade aprobou 18.000 euros en axudas para a organización de 12 actividades docentes coas que promover a perspectiva de xénero na Universidade de Vigo, toda unha escolma de actos que desde marzo ata novembro espallarán a cultura da igualdade nos tres campus e entre os que se inclúen ciclos de conferencias e mesas redondas, obradoiros, cine e mesmo unha representación teatral.

"As actividades están vinculadas a materias de diferentes áreas, o que demostra que a igualdade de xénero pode e debe ser aplicada transversalmente", subliña a directora da unidade, Anabel González Penín, e explica que este ano se presentaron o dobre de solicitudes ca o curso pasado, o que indica que as axudas "se están consolidando como ferramenta coa que suplir o déficit de formación en igualdade", ao que engadiu que "as datas sinaladas están moi ben para visibilizar as discriminacións e para axudar a sensibilizar sobre o tema pero non poden quedar en actos puntuais para realizar unha vez ao ano", argumentou en referencia á importancia de que a comunidade universitaria se comprometa "a diario".

Te puede interesar
Más en Universitas