XORNAL ESCOLAR DE TELEMIÑO

21 en galego, no IES Otero Pedrayo

photo_camera Escolares da ESO do IES Otero Pedrayo len e comentan as novas publicadas no xornal.

Escolares de ESO participaron nun proxecto educativo no que combinaron o uso do idioma coas novas tecnoloxías

Este sábado, o programa Xornal Escolar de Telemiño presentará un proxecto de normalización lingüística realizado no IES Otero Pedrayo da cidade. A actividade "21 días en galego" contou coa participación de escolares da ESO, que durante 21 días empregaron o galego no centro, na casa e cos compañeiros. Non vos perdades este sábado o programa para saber como foi esta experiencia educativa.


Latricar


Os mozos de mozas da ESO do IES Otero Pedrayo "latricarán" sobre a experiencia de falar en galego os 21 días durante os que se prolongou o proxecto. Contarán as súas sensacións e o que máis lles costou desta actividade da que están moi orgullosos. 


Prensa


Escolares do IES Otero Pedrayo serán tamén os encargados de ler e comentar a prensa esta semana. Destacarán aquelas novas que máis lle chaman a atención e farán unha serie de peticións, entre as que está incluir menos temas de política e máis asuntos de interese para as súas idades. 


Reportaxe


Esta sección incluirá un video gravado polos alumnos e alumnas do IES Otero Pedrayo dentro do proxecto "21 días en galego". Será unha das numerosas montaxes que subiron ao blog do proxecto. Nesta ocasión falarán das activides deportivas do seu centro e de galegos destacados en diferentes competicións.


Escola de familias


Olga e Daniel, do IES Otero Pedrayo protagonizarán esta sección onde falarán do positivas que son as actividades de fomento do galego nas aulas, aínda que requiran moito traballo, os resultados merecen a pena.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma