solidaridad

"O primeiro ano non houbo cheo absoluto; agora o noso reto é encher a fila cero”

OURENSE 30/11/2017.- David Rodrígez, organizador Gala Cáncer.José Paz
photo_camera David Rodríguez.

David Rodríguez es el presidente de As Canellas, la asociación organizadora de la Gala contra o Cancro

David Rodríguez preside a asociación As Canellas, entidade organizadora da Gala contra o Cancro, que se celebra mañá no Auditorio ás 20,30 horas. Está dando os últimos retoques a unha cita que os ourensáns tomaron xa coma súas.

Como vai o ritmo de venda de entradas?

Pois onte -polo mércores- xa tiñamos todo vendido. Agora o que queda é que a xente colabore o máis posible coa fila cero mediante transferencia bancaria ao número de conta ES68 2080 0475 5630 4000 0077 de Abanca.

Como arrincou esta idea?

Foi en 2012 ou 2013 cando empezamos coa asociación e sempre quixemos organizar actividades culturais, de feito facemos concertos e outro tipo de eventos deste tipo en Seixalbo, pero queriamos tamén apoiar algunha causa solidaria. O cancro é unha enfermidade que todos coñecemos de cerca, sexa por un amigo ou un familiar, e como xurdiu a oportunidade de colaborar con ela, non o dubidei; así conxugamos as nosas inquietudes culturais e o espírito solidario.

Como foi a progresión desta gala?

Sempre foi no Auditorio, durante estes cinco anos. O que si é certo é que o primeiro ano non houbo cheo absoluto, aínda que se comezou ben porque reunimos a unhas 700 persoas. Ao ano seguinte xa nos preguntaban cando ía ser e desde fai tres anos enchemos o recinto sempre. O que si é certo é que ese primeiro ano mirábanche raro os patrocinadores, porque que che fose un mozo de 16 anos a dicir que se o apoiabas económicamente nunha gala contra o cancro, pois en ocasións nin che crían. Agora non só se abre unha porta senón que se abren dúas, e sen problemas.

Como é a mecánica para contar coa colaboración dos artistas?

A verdade é que sempre temos unha boa predisposición por parte dos artistas participantes, e ata eles mesmos fálannos doutros cos que podemos contactar para a seguinte edición. Por certo que este ano temos a gala máis ourensana destas cinco edicións.

E pensaron en que repita algún?

Pois isto é unha primicia. A verdade é que estamos valorando a idea de reunir a algúns deles nunha gala especial, coincidindo con algún aniversario, quizais o dos dez anos.

Cal é o obxectivo que se marca a organización?

Pretendemos alcanzar os 7.000 euros recaudados. Ata o de agora, sumado o das catro edicións anteriores reunimos máis de 20.000 euros para a labor da Asociación contra o Cancro de Ourense.

Te puede interesar