PRESUPOSTOS

48 vítimas da violencia machista en Ourense recibirán axudas da Xunta

A Xunta ampliou a partida presupostaria, da que serán beneficiarias mulleres residentes la provincia.

A Xunta ampliou a partida presupostaria destinada ás axudas económicas para vítimas de violencia machista. Segundo a publicación do Diario Oficial de Galicia, a dotación presupostaria amplíase na contía de 156.000 euros, unha cantidade que se suma aos máis de 728.000 dispostos na convocatoria publicada en abril para este ano 2016.

As axudas para as vítimas de violencia machista supoñen 3,4 millóns de euros nos presupostos da Vicepresidencia para 2017. En particular, experimenta un impulso moi importante as axudas periódicas (61 por cento) froito do cambio lexislativo aprobado na pasada lexislatura e que supón que o prazo para a solicitude destas axudas se manterá aberto todo o ano.

A prestación consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de 12 mensualidades.

O importe das axudas varían entre 300 e 800 euros/mes, en función dos ingresos da beneficiaria, e dos fillos menores e menores en acollida ao seu cargo, e de circunstancias de minusvalidez.

A convocatoria intenta garantir ás vítimas de violencia machista unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.

As axudas convócanse anualmente dende o ano 2006.

PERFIL DAS BENEFICIARIAS

O ano pasado 339 vítimas de violencia machista residentes en Galicia recibiron esta modalidade de axudas. Delas, un 79 por cento eran de nacionalidade española e o resto, estranxeiras.

Por provincias, Pontevedra e A Coruña encabezan o listado con 133 e 132 perceptoras e axudas respectivamente en cada provincia, seguida de Ourense, con 48, e Lugo, con 26.

O perfil de idade maioritario é o de mulleres no rango de 26 a 45 anos, que representa o 64 por cento do total. Hai 203 beneficiarias que son nais e 25 teñen algunha minusvalidez.

Te puede interesar