A Fundación Otero Pedrayo propón "roteiros" literarios pola cidade vencellados á Xeración Nós e visitas teatralizadas ao Pazo de Trasalba
Un século despois do primeiro número de Nós, museos e fundacións lembran a importancia da publicación e achegan ao público a súa historia. A Fundación Otero Pedrayo propón "roteiros" literarios pola cidade vencellados á Xeración Nós e visitas teatralizadas ao Pazo de Trasalba. "Como todos os anos teremos o Abril Oteriano, que este ano será máis amplo", apunta Juan Luis Saco, presidente da Fundación.
Os actores son da Asociación cultural Platea Lúa. Otero Pedrayo é José Novoa Salgado, Vicente Risco é Jorge Martínez, Florentino Cuevillas é Jesús Zaplana Gómez e Eladia (nai de Otero Pedrayo) é Mary González Méndez.