música

Aberto o prazo de matrícula para o Conservatorio Profesional

As solicitudes poderán presentarse nas oficinas do Conservatorio -no interior da Casa da Cultura de Xinzo- no seu horario de secretaría, de luns a venres entre as 15,30 e as 20,30 horas.

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo manterá aberto o prazo de matrícula ata o vindeiro xoves, día 28 de xuño. No centro limiao impartiranse o ano que vén diversas materias, entre elas, "Música e Movemento", un curso preparatorio para cativos de seis anos; "Iniciación Musical", dirixido a nenos de sete anos de idade; o grao elemental, composto por catro cursos de especialización instrumental en violín, viola, guitarra, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, saxofón, clarinete, acordeón, frauta traveseira e piano; e o grao profesional, a continuación da formación elemental. 

As solicitudes poderán presentarse nas oficinas do Conservatorio -no interior da Casa da Cultura de Xinzo- no seu horario de secretaría, de luns a venres entre as 15,30 e as 20,30 horas. Dende o conservatorio tamén sinalan a existencia de becas para o grao profesional.

Te puede interesar