O acceso de entrada á praza de Alvite será acondicionado

14,00 h.-  A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado López, asinarán un convenio de colaboración para a execución dunha actuación en materia de urbanismo. No despacho da conselleira.
foto xoán crespo
05/12/2019
photo_camera Ángeles Vázquez e Manuel Prado.
A actuación consistirá na mellora dos accesos á praza principal de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos ten experimentado un gran pulo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, asinaron un convenio de colaboración, polo que se executará unha mellora da vía de entrada á praza principal da localidade de Alvite. A urbanización desta rúa suporá unha inversión de 120.000 euros, dos que a Xunta asume un 70% do importe do convenio (máis de 110.000 euros), mentres que o concello a porcentaxe restante (case 35.000 euros).

A actuación consistirá na mellora dos accesos á praza principal de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos ten experimentado un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, turístico e demográfico pola vía de diversas actuacións de rehabilitación de iniciativa tanto pública como privada.

Ángeles Vázquez trasladoulle ao alcalde a importancia de establecer lazos de colaboración como o asinado con Beariz, pois trátase de mellorar e acondicionar os espazos urbanos para facilitar a accesibilidade aos veciños e poñer en valor os distintos núcleos dos concellos.

Asemade, a titular autonómica de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destacou que este tipo de colaboracións tamén son un instrumento para axudar a frear o despoboamento do rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación das vilas e cidades galegas, segundo apuntou.

Será unha obra que ademais de mellorar o acceso contribuirá a embelecer esta contorna.

Te puede interesar