OURENSÁNS POLO MUNDO

"Os alemáns recoñecen que os españois temos menos estrés e que disfrutamos máis"

Mari Carmen Cid.
photo_camera Mari Carmen Cid.
Mari Carmen Cid marchou para Alemaña no ano 2015, onde vivía a súa parella. Cada ano volve á Celanova onde pasou a maior parte da súa vida

Mari Carmen Cid marchou para Alemaña no ano 2015, onde vivía a súa parella. Cada ano volve á Celanova onde pasou a maior parte da súa vida non só para pasar tempo cos seus fillos, familiares e amigos, senón tamén para gozar dos pequenos praceres que lle ofrece a vila, entre os que salientan os descansos na Praza Maior.

Por que se mudou a Alemaña?

Marchei porque a miña parella é de alí e fun con el. De momento estou estudiando alemán, é un idioma un pouco difícil pero por agora deféndome bastante ben. Estando alí tódolos días, vas perfeccionando o oído. 

Como foi a adaptación?

Eu tíveno bastante fácil porque a miña parella xa estaba alí e cheguei coñecendo os sitios e cunha persoa que me guiara. De todos modos, os alemáns son xente moi educada, moi correcta, e non creo que sexa difícil adaptarse aínda que vaias só.

Cales son as principais diferencias na forma de vivir?

Aquí temos máis alegría pola vida (risas). Como que desfrutamos un pouquiño máis das pequenas cousas como son as festas ou o tempo libre. En Alemaña son máis correctos, teñen as súas vacacións pero fáltalles ese toque que temos nós. Do resto, a vida alí está moi ben.

Como diría que nos ven os alemáns ós españois?

Polo tempo que levo alí, dinme que nós disfrutamos máis da vida. Alá é moi famosa a siesta española. Eles recoñecen que nós temos menos estrés. Alí hai algo máis de estrés no día a día e aquí non. Iso si que o notan e din que vivimos algo mellor ca eles. Despois nos temas políticos e económicos teñen as súas opinións, e pensan que igual funcionaría mellor sendo doutra maneira. Pero recoñecen que aquí vivimos ben e, de feito, moitos veñen a España a pasalo ben.

Aparte dos seus seres queridos, que é o que máis bota de menos de Celanova?

Pois estar aquí na Praza tomando un café polas tardes. Para min iso é algo que boto moitísimo de menos. Tomar un café, estar aquí tranquila e ver á xente ir pola rúa e falar é o que máis extraño. Aparte da miña familia e dos meus fillos, claro. Pero iso bótoo moito en falta. Por iso veño tódolos anos.

Te puede interesar