Allariz sacrifica catro bois para celebrar as xornadas gastronómicas

 O boi é todo un referente en Allariz, segundo sinalan os responsables municipais, que organizan as IX Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Para elo, este ano foron sacrificados catro bois de Allariz para a degustación da súa carne,recoñecida polas súas especiais características gastronómicas. 

Cunha media de 400 quilos por cada exemplar, a hostalería local disporá de máis de 1.600  quilos de carne para elaborar os seus menús e tapas durante estas xornadas, que comezan o próximo 25 de setembro prolongándose ata o día 12 do mes de outubro. Esta carne xa pode mercarse todas as fin de semana no Mercado da Reserva da Biosfera en Allariz os sábados pola mañá.

Neste ano tan atípico, "a crise do covid-19 obríganos a por o acento sobre a necesidade de consumir produtos locais. Esta crise ten evidenciado a importancia dos nosos produtores para manter a economía e o suministro de produtos de cercanía", afirman as autoridade locais. Nese sentido, consideran que "consumir produtos de proximidade é clave para manter a economía e emprego locais e ademais é moito máis sostible e respetuoso co medio".

O concello ven apostando pola crianza do boi desde 2011. Este proxecto naceu co obxectivo de recuperar a base  territorial, previr os incendios e apoiar a hostalería.

Te puede interesar