Un almanaque mostra fotos veciñais de Castrelo

Dúas das páxinas do almanaque de Castrelo de Miño.
Un almanaque promociona Castrelo de Miño con fotografías de todas as parroquias. Foi editado polo concello e xa rematou a súa distribución por todas as casas do municipio. Trátase dunha iniciativa de promoción turística co lema 'Eu son Castrelo', na que participaron moitos veciños aportando fotografías.
As autoridades locais declararon que se persigue 'por en valor os recursos turísticos e patrimoniais', segundo apuntou o alcalde, Xurxo Rodríguez. O almanaque consta dunha portada na que se recolle unha fotografía de pescadores no río Miño, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes de tódalas parroquias.

Ademáis, engaden os responsables municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Deste xeito, ten unha doble función, por un lado, dar a coñecer o municipio e, tamén, informar sobre os momentos apropiados para as labores agrícolas.

Te puede interesar