Un ano que chega con moita ilusión

sei06_resultado
O colexio de Seixalbo afronta este curso con enerxía para desenvolver diferentes proxectos educativos

"Afrontamos este ano tan difícil e diferente con moito respeto pero tamén con moita enerxía e ganas de loitar, avanzar e ensinarlles aos nosos nenos e nenas que ante calquera pedra no camiño nós saltámola e como di un dito: Me dijeron que hay que reír hasta que se te salten las lágrimas y que llorar también es de valientes, que la cuesta puede ser muy empinada pero entre todos los que formamos la comunidad educativa del CEIP de Seixalbo si le ponemos ganas y subimos juntos podremos llegar a la cima y, oye, dicen que desde allí hay unas vistas maravillosas”. As nosas familias confían en nós e nós en eles e xuntos avanzaremos neste ano diferente". Con estas palabras inicia o colexio de Seixalbo este ano tan particular para os centros educativos. 

Todo o colexio participará no proxecto das emocións ó longo deste curso

Un total de 26 mestres e 214 alumnos procedentes dos concellos de Ourense, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Paderne de Allariz conforman este centro, "cun grande equipo humano e profesional". O profesorado amósase "moi implicado na mellora do noso centro, xa que traballamos por e para o noso alumnado e este ano tan diferente ainda máis unidos e coordinados". Para os docentes de Seixalbo, os pequenos son "os verdadeiros protagonistas", pois están asumindo as medidas de hixiene e protección tan necesarias para superar a crise sanitaria dun modo exemplar. 


As emocións


Os diferentes equipos de dinamización de convivencia, Tics, normalización lingüística e biblioteca…. traballan en conxunto o Proxecto principal de centro que neste curso 2020-2021 serán "As Emocións". Algo que toma especial relevancia na época covid "xa que consideramos que este ano tan especial e tan diferente a mellor forma de traballar todos estes aspectos será a través das emocións", explican dende o centro. 

Do mesmo xeito, durante estes meses seguirán a traballar tamén na protección dos recursos naturais, potenciando o coñecemento, sensibilización, respecto e coidado do entorno natural, incidindo na educación de hábitos saudables. Semellante será o traballo do proxecto "Educar na igualdade" que continúa este ano para tomar conciencia da desigualdade social existente, "sendo un cole comprometido na loita pola igualdade de oportunidades, que promove medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro e desmonten estereotipos de xénero, rexeitando a violencia de xénero, traballando o recoñecemento á labor de todas as mulleres na historia, xa que creemos firmemente que esta loita non é cousa dun só día". 


Colaboración


O CEIP de Seixalbo traballa man a man coa asociación San Breixo, á que lles agradecen a súa "gran axuda desinteresada" para a realización dalgunhas actividades, e a relación entre a asociación e o centro educativo. Dado que este ano as actividades se farán por grupos-burbulla xa que non se poden mesturar aulas, algunhas das actividades a realizar este ano serán: elaboración dunha mascarilla xigante e dunha mascota-burbulla, obradoiros polas diferentes aulas para traballar o papel da muller na loita contra a covid ou o obradoiro de palabras esquecidas. 

No centro contan con xornada única, servizo de comedor con cociña propia, transporte, servizo de madrugadores xestionado pola Anpa Seixalbo, con quen tamén manteñen unha estreita colaboración.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?